miércoles, 21 de noviembre de 2018
lunes, 19 de noviembre de 2018
Experimento III: (Fallido)! Seguiremos experimentando...
Hoxe, foi un día triste, porque despois de esperar máis de 48 horas, o noso ovo saltarín, non resultou ser saltarín, se non que se fixo "ovo fritido". Pero como todos os científicos, que se adican a experimentar, temos paciencia e, intentaremos conseguir outra vez o noso ovo saltarín.
domingo, 18 de noviembre de 2018
sábado, 17 de noviembre de 2018
Trabalinguas: A pipa e a pita! Parte II
Voltamos co trabalinguas que deixamos da semana pasada, aquí está de novo para quen queira practicalo
Un trabalinguas e un dito, unha frase ou unha rima onde o difícil é dicilo de seguido sen trabucarse, porque a intención e "trabar" a lingua de quen o di. Por iso...
Seguimos practicando toooda a semana pero aínda así, foinos moi difícil que nos saíse ben á primeira, nin á segunda, nin á terceira... bueno, foi moi complicado así que o grabamos igual, porque o importante é que se o practicamos moito seguro que nos vai sair mellor. E VOS? Seredes capaces de facelo ben á primeira? E á segunda??
Estes foron os resultados desta semana:
Irea
Izan
Iria
Álex
Daniela
viernes, 16 de noviembre de 2018
Relaxación: La ranita!!
Este video está sacado dun libro de relaxación para nenos entre 5-12 anos chamado "Tranquilo y atento como una rana", que poderedes usar nas vosas casas para relaxarvos antes de durmir ou en calquera outro momento.
jueves, 15 de noviembre de 2018
lunes, 12 de noviembre de 2018
LORITO BLUE NA CASA DE... Álex!!!
Este fin de semana pasado Lorito Blue visitou a casa de Álex e hoxe tróuxonos unha incrible presentación en powerpoint, que podemos ver neste video. Grazas ao traballo da súa irmá!! Moi bo traballo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)