miércoles, 19 de junio de 2019

Fin de Festa. Fin de curso


E ata aquí chegou este curso 2018-19. Espero que todos o pasasen tan ben coma min, disfrutamos un montón, enfadámonos un montón tamén e aprendemos todos. 
Ata sempre Lorito Blue e Choquetes!! 

Lorito Blue. 2ª parte


E ata aquí chegou a segunda visita de Lorito Blue á todas as casas dos Choquetes Blues. Espero que o pasara ben con todos eles e agora, tomará rumbo a unhas merecidas vacacións ao seu país natal. Quen sabe se nos estará esperando ao noso regreso, para o curso que ven...

sábado, 1 de junio de 2019

Cantigas populares galegas!!


Para rematar a celebración do día das letras galegas (recordade que se lle dedica a Antonio Fraguas), escribimos as cantigas que puidechedes ver nuns vídeos dun post anterior a este. Por certo, serán incluídas na revista do cole! Próximamente poderedes velas. 

Última lectura silenciosa do curso


Este venres, día 31 de maio, foi a derradeira lectura silenciosa, e como o tempo nos acompañaba solleiro, fixémola fóra.

martes, 28 de mayo de 2019

jueves, 16 de mayo de 2019

Festival de títeres 2019


Hoxe tocou visitar o festival de títeres, e ver o espectáculo de Títeres sin cabeza chamado "Recreo". Espero que lles gustara aos rapaces e rapazas. 

martes, 14 de mayo de 2019

lunes, 13 de mayo de 2019

Celebrando a semana das letras galegas!


Hoxe foi un día productivo. Á primeira hora, izouse as bandeiras no cole ao son do himno galego e logo Kira, Daniela e Elena tocaron e cantaron para todos xunto cos seus compañeiros da escola de música tradicional. Logo veunos visitar Paulo Pascual co seu incrible instrumento, un instrumento centenario como é o Theremin: o instrumento que se toca sen tocar. Quedamos abraiados de como hai que facer para que soe. 

miércoles, 8 de mayo de 2019

sábado, 4 de mayo de 2019

Día da árbore !!

Antes de plantar, esperando no burato.

Antes de plantar, esperando no burato co profe


A ver se nace dereito!

Cada un atendendo ao seu

jueves, 2 de mayo de 2019

Experimento VI (de física): O corcho que cae de pé!


Según estudos científicos, para que un corcho acabe de pé despois de ser tirado dende unha altura determinada, debe ser tirado a unha distancia dun corcho e medio de altura e de maneira horizontal. Este video móstranos só o éxito, pero houbo moitos intentos...

viernes, 26 de abril de 2019

Día da árbore (fallida)!


Hoxe, íase celebrar o día da árbore, pero por causas atmosféricas, fíxose un cambio de día, e será o próximo venres. Entre tanto, teremos que conformarnos con esta árbore tan singular que nos apareceu antonte, e de súpeto, no noso corredor. 

lunes, 8 de abril de 2019

Doña Angelita




Aquí vos deixo o video que se presentou esta mañá no cole, para todo o centro. Os compañeiros quedaron encantados. Menudos artístas!!

sábado, 6 de abril de 2019

Experimento Plantas!! 3ª semana!


Vemos que Yanira, Álex, Izan e Iria tiveron que volver a repetir o proceso, porque non naceu raíz nin talo...



Os demais xa teñen a súa semente nun bote con terra, preparada para levar...


miércoles, 3 de abril de 2019

Horta! Imos a plantar!

Así deixamos o parterre para o noso cultivo!


E aquí, o parterre, coa nosa plantación de leitugas!
Agora só queda, regar e coidalas o mellor posible!


lunes, 1 de abril de 2019

Experimento Plantas! 2ª semana!

                                                       

                                                             








Así quedaron as plantas o venres antes de marchar.
                                                       


Así están as plantas, hoxe xusto despois de regalas! Vemos que algunhas crecen sen descanso, pero outras non deron saído. 
Cambiamos de semente, e a volver a esperar!!

Como estará a planta que non ten luz? En breve, saberemos dela.








martes, 26 de marzo de 2019

Debuxos galácticos!


Así e como imaxinamos nós a galaxia, logo de ir dar unha volta polo espacio sendo astronautas.

domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía (21 de marzo)



Experimento plantas (1ª semana)


Este venres, comezamos unha nova experiencia, neste caso con sementes, e imos observar a súa evolución durante as próximas semanas, e colgaremos por aquí, os avances.
Tamén estaremos observando outra planta, que aquí non sae, que intentará medrar sen luz (será capaz de sobrevivir sen luz?). Irémolo comprobando.



jueves, 7 de marzo de 2019

Canción: Peixiños do mar!!


Con esta canción, imos aprender o nome de moitos peixes en galego, que descoñecíamos, a ver cantos sodes de memorizar!! 



8 de marzo, día da muller. Taller de mulleres científicas!


Hoxe, para celebrar o día da muller (8 de marzo) un grupo de alumnas de 6º curso viñeron a facer un taller con nós. Dividíronnos en tres grupos e coloreamos a diferentes mulleres cientificas, adiviñamos no xogo do "Quien es quien" e leronnos un conto sobre as princesas que non queren ser rosas.
Que ben o pasamos!!!
Gracias ás nosas compañeiras de 6º por todo!

viernes, 22 de febrero de 2019

Comeza o entroido co mandado do Meco!!



Comezaremos a próxima semana co mandado do Meco: así que seguide as instruccións que nos vai ir deixando no hall da entrada.



 

miércoles, 20 de febrero de 2019

Polo correo do vento: Rosalía de Castro!!


Hoxe visitáronos o contacontos de Polo correo do vento para falarnos de Rosalía de Castro. Falaron sobre a súa vida e leron algúns poemas tamén. 



Logo, todos seguimos os pasos para facer unha caricatura de Rosalía, e bueno...foi divertido ver os resultados! 



lunes, 18 de febrero de 2019

O galego enamora


No cole, o 14 de febreiro celebramolo pegando corazóns coa palabra que máis nos gusta do galego e todos e todas fomos baixando ao salón de actos para ir pegando o noso corazón noutro máis grande que hoxe foi colgado no hall da entrada, que podedes ver e ler. O slogan é O galego enamora!


LORITO BLUE xa vos visitou a todos e a todas!!


Este é un video resumo de todos os debuxos que @s alumn@s foron facendo cando Lorito Blue estaba  de visita nas súas casas. Cumprese así un ciclo de visitas. 

lunes, 7 de enero de 2019