viernes, 23 de noviembre de 2018

Experimento IV: A moeda que desaparece!!!


Neste experimento descubrimos que a vista pode enganarnos moi fácilmente. Con só un vaso, auga e unhas moedas descubrimos o efecto visual chamado refracción.

Unhas cabazas embruxadas!! Parte III!!!


Máis  cabazas que quedaron sen apañar... 
A ver se descubrides a quen pertencen as súas voces...
Xa sabedes, comentario!











miércoles, 21 de noviembre de 2018

Video recopilatoria para o blog da biblio!!



Este video recopilatorio dos trabalinguas fíxose para colgar no blog da biblio, déixovolo aquí para que lle botedes un ollo. Nuns días poderedes velo no blog da biblioblogreboreda.

Unhas cabazas embruxadas!!! Parte II


Xa pasou o tempo do samaín, pero aínda nos quedaban estas cabazas esquecidas pola clase, e tivemos que apurar para sacar adiante a fornada! A ver quen descobre a quen pertencen estas!!! Xa sabedes, podedes escribir un comentario.








LORITO BLUE NA CASA DE... Iria!!!


lunes, 19 de noviembre de 2018

Experimento III: (Fallido)! Seguiremos experimentando...


Hoxe, foi un día triste, porque despois de esperar máis de 48 horas, o noso ovo saltarín, non resultou ser saltarín, se non que se fixo "ovo fritido". Pero como todos os científicos, que se adican a experimentar, temos paciencia e, intentaremos conseguir outra vez o noso ovo saltarín.




sábado, 17 de noviembre de 2018

Trabalinguas: A pipa e a pita! Parte II

Voltamos co trabalinguas que deixamos da semana pasada, aquí está  de novo para quen queira practicalo


Un trabalinguas e un dito, unha frase ou unha rima onde o difícil é dicilo de seguido sen trabucarse, porque a intención e "trabar" a lingua de quen o di. Por iso...

Seguimos  practicando toooda a semana pero aínda así, foinos moi difícil que nos saíse ben á primeira, nin á segunda, nin á terceira... bueno, foi moi complicado así que o grabamos igual, porque o importante é que se o practicamos moito seguro que nos vai sair mellor. E VOS? Seredes capaces de facelo ben á primeira? E á segunda?? 

Estes foron os resultados desta semana: 

Irea


Izan


Iria


Álex


Daniela



viernes, 16 de noviembre de 2018

Relaxación: La ranita!!


Este video está sacado dun libro de relaxación para nenos entre 5-12 anos chamado "Tranquilo y atento como una rana", que poderedes usar nas vosas casas para relaxarvos antes de durmir ou en calquera outro momento. 

lunes, 12 de noviembre de 2018

LORITO BLUE NA CASA DE... Álex!!!

Este fin de semana pasado Lorito Blue visitou a casa de Álex e hoxe tróuxonos unha incrible presentación en powerpoint, que podemos ver neste video. Grazas ao traballo da súa irmá!! Moi bo traballo!!! 




sábado, 10 de noviembre de 2018

Experimento II: Un mundo de cores

Trabalinguas: A pita e a pipa!! Parte I

Hoxe traemos este trabalinguas:


Un trabalinguas e un dito, unha frase ou unha rima onde o difícil é dicilo de seguido sen trabucarse, porque a intención e "trabar" a lingua de quen o di. Por iso...

Estivemos practicando toooda a semana pero aínda así, foinos moi difícil que nos saíse ben á primeira, nin á segunda, nin á terceira... bueno, foi moi complicado así que o grabamos igual, porque o importante é que se o practicamos moito seguro que nos vai sair mellor. E VOS? Sairavos  mellor ca nos? Probade a intentalo!

Vicent

Kira


Alexia


Juan


Kevin


Elena





miércoles, 7 de noviembre de 2018

Unhas cabazas embruxadas!! Parte I








Estas son as primeiras, saídas do forno. A ver quen descobre a que alumn@s pertencen??Podedes participar, escribindo os nomes, nun comentario!


jueves, 1 de noviembre de 2018

Experimento 1: Oxidación dunha mazá!!


Este é o noso primeiro experimento. Observamos vendo dous cachos de mazá, cal delas ten un proceso máis rápido de oxidación e cal non. Será a que leva zume de limón ou non? Vede o video!!

sábado, 27 de octubre de 2018

viernes, 26 de octubre de 2018

Lectura na praia de Cesantes, visita á estatua do capitan Nemo!


Hoxe, visitamos a estatua do capitan Nemo, celebrando o 150 aniversario da visita do Nautilus á ría de Vigo. Merenda, e posterior lectura nos xardíns para culminar esta xornada literaria. 

miércoles, 24 de octubre de 2018

Seguimos traballando...


Seguimos traballando nos debuxos do samaín...

24 de outubro. Día das bibliotecas escolares!!!


Hoxe, @s alumn@s de 6º curso viñeron a facernos unha visita, no día das biblios escolares para falarnos sobre Jules Verne. 




Entre outros moitos contos, atópase Viaxe ao centro da terra. Onde podemos ver un pequeno resumo neste audio libro.
O próximo venres, na viaxe á praia de Cesante, xunto á estatua do capitán Nemo, leremos un texto sobre o conto de 20000 leguas de viaxe submarina. 


lunes, 15 de octubre de 2018