miércoles, 19 de junio de 2019

Fin de Festa. Fin de curso


E ata aquí chegou este curso 2018-19. Espero que todos o pasasen tan ben coma min, disfrutamos un montón, enfadámonos un montón tamén e aprendemos todos. 
Ata sempre Lorito Blue e Choquetes!! 

Lorito Blue. 2ª parte


E ata aquí chegou a segunda visita de Lorito Blue á todas as casas dos Choquetes Blues. Espero que o pasara ben con todos eles e agora, tomará rumbo a unhas merecidas vacacións ao seu país natal. Quen sabe se nos estará esperando ao noso regreso, para o curso que ven...

sábado, 1 de junio de 2019

Cantigas populares galegas!!


Para rematar a celebración do día das letras galegas (recordade que se lle dedica a Antonio Fraguas), escribimos as cantigas que puidechedes ver nuns vídeos dun post anterior a este. Por certo, serán incluídas na revista do cole! Próximamente poderedes velas. 

Última lectura silenciosa do curso


Este venres, día 31 de maio, foi a derradeira lectura silenciosa, e como o tempo nos acompañaba solleiro, fixémola fóra.